venres, 23 de xullo de 2010

DOMINGO 8 AGOSTO: The Rubinoos en Casa Ardá


Para despedir a edición deste ano os Rubinoos actuarán en Casa Ardá  cun espectáculo semi-acústico.

mércores, 21 de xullo de 2010

A SEMANA DA A.C. FELICIA

Luns 2 Agosto na Hortiña

22:00 H. LA OLA
Cine ao aire libre

Martes 3 Agosto na Hortiña

22:00 H. NATURALIDAD SILVESTRE
Un documental musical de Carlos Alberto Alonso

Mércores 4 Agosto na Hortiña

21:30 H: MAGO MARTÍN VARELA
"Anceio"

22:45 H: CARRACHANACACHA TEATRO
"Comendo pementos de Padrón con Tarantino"

Xoves 5 Agosto en Casa Ardá

LOS RUÍNES (Cerdido) 

Venres 6 de Agosto na Pista Polideportiva

COLLECTION (Madrid)
COLATONIC (Madrid)
NIÑO Y PISTOLA (Baiona)
LES PHILIPPES (Sant Boi de Llobregat)

Sábado 7 de Agosto na Pista Polideportiva

SESIÓN VERMÚ ÁS 13 H.

LOS IMMEDIATOS (Toledo)
OS TORNADOS (Porto)
THE RUBINOOS (USA)
COOPER (León)

Venres: 15 euros
Sábado e Abono: 20 euros

MÉRCORES 4 AGOSTO: O MAGO MARTÍN e CARRACHANACACHA TEATRO




Martín Varela é un Mago de tan só 14 anos. Leva case 3 anos facendo maxia. Dende aquela xa fixo máis de 50 espectáculos unipersoais en público. E membro de pleno dereito da SEI e da Asociación de magos de A Coruña (considerado o membro máis novo en formar parte da asociación de ilusionistas) . Foi recoñecido por outros colegas como O Mago Antón e ao mesmo tempo tamén, como o mago máis novo de Galicia. Presenta o seu espectáculo "Anceio", maxia de escena, con grandes doses de humor, participativo e todo aderezado dun gran ambiente musical.





  
"Comendo pementos de Padrón con Tarantino"

Comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla á fama en todo o mundo mundial.

martes, 20 de xullo de 2010

MARTES 3 DE AGOSTO: Proxeción do documental "Naturalidade Silvestre"

Non me cabe a menor dúbida de que o tipo de personaxe que é Roger de Flor chamaría a atención de calquera cineasta con ganas de contar boas historias, relatos humanos ademais, sobre persoas que viven, rin, aman, sofren... Sen lugar a dúbidas Roger de Flor rompe con moitos dos estereotipos da farándula, pola súa condición de “crooner galego”, de artista en tempo de crise, de bohemio atrapado nunha comarca industrialmente fenecida, etc...

Ademais desto, a miña intención coma director foi a de facer unha particular homenaxe a tódolos grupos e artistas en xeral que loitan día a día por abrirse camiño no difícil mundo da música. Trátase de contar unha historia real, de persoas de carne e oso. Síntome identificado con esta raza de creadores porque eles fan o que desexan (ou o que poden) contra vento e marea, loitan polo que creen, e exactamente esa mesma máxima, ven sendo a deste que lles escribe ate o día de hoxe.

Esta obra intenta falarnos de ilusións, de soños, de constancia, de pasión. Valores estes últimos que parecen estar en perigo de extinción e que, como ninguén, reflicten Roger de Flor e a súa música. Non pretendo facelo típico documental musical, en cambio, sí aspiro a plasmala visión da loita honesta dos seus protagonistas por acadar un obxectivo e conseguir levar a práctica o seu estilo de vida, na franca ilusión de mover mentes, sensibilidades e corazóns a través de notas, acordes e palabras. Porque segue habendo moitas cousas que dicir, moitas cousas que contar e que cantar... e alguén ten que facelo.
Carlos Alberto Alonso, director, guionista e productor

mércores, 14 de xullo de 2010

LUNS 2 AGOSTO CINE AO AIRE LIBRE: La Ola (2008)

Durante un proxecto semanal, o profesor Rainer Wenger ensina aos estudantes da súa clase o tema da autocracia como forma de goberno. Os estudantes móstranse escépticos ante a idea de que puidese volver unha ditadura como a do Terceiro Reich na Alemaña dos nosos días e cren que xa non hai perigo de que o nacionalsocialismo volva facerse co poder, porque a pesar de pasar décadas, as novas políticas e tecnoloxías arbitrarían o proceso dun mandato novo autocrático.

O profesor decide empezar un experimento cos seus alumnos para demostrar o doado que é manipular ás masas. A través do seu lema: "forza mediante a disciplina, forza mediante a comunidade, forza a través da acción, forza a través do orgullo", facendo fincapé niso, de tal forma que cada día os alumnos seguisen unha nova regra. Por exemplo, o profesor logrou que todos eles entrasen á súa aula e, en menos de 30 segundos, se tivesen sentado todos eles con actitude atenta e coas costas ben recta, resoltos a iniciar a clase. O interese pola forma de como se executaban esas clases creceu, facendo que mozos doutros cursos se cambiasen de aula ata ser un curso numeroso, derivando en fanatismo. O grupo chega mesmo ao extremo de inventar un saúdo e a vestirse de camisa branca. O popular curso decidiuse chamar "La Ola", e a medida que pasaban os días, "La Ola" comezaba a facerse notar mediante actos de vandalismo, todo ás costas do profesor Wenger, que acaba perdendo o control da situación.